DISCOGRAFÍA
1.- Monakó
2.- Eu non sei
3.- Amarillo California
4.- A lúa
5.- O ferreiro paspallás
6.- Rumba das 7 e 1/2
7.- Inverno do 98
8.- Paradepoin
9.- Sursungrass
10.- Quero escoitar
Ficha técnica:
Tras anos de experimentación, ao fin demos coa fórmula axeitada que expresa as nosas inquedanzas e que reflicte o noso gusto polo ecléctico. E sobre todo, que nos identifica como músicos galegos, facendo música galega. Con inclusións, pero cunha base moi clara e que aparece en todos os nosos temas. É un dos nosos puntos fortes, o sabor a música do País que queda despois de escoitarnos. O regusto dos sons propios.
Velcro. A filosofía de mesturar e remexer. Non podía ser doutro xeito, sendo como somos un grupo heteroxéneo, de apertura de miras pero co peso da música de raíz baténdonos enriba.
Créditos:
Gravado e mesturado por Javier Gómez Esqueira en Artedixital
Masterizado por Nick Litwin en Mastering Mansion
Deseño gráfico: Creación Animal
Producido por Tromentelos e Javier Gómez Esqueira
Suscribirse a:
Entradas (Atom)