TROMENTELOS



Dos muiños ao batedor. 
Cantos xeitos hai de facer un arroz con verduras? A Tromentelos ocórrenselle moitos. E cada un sabe distinto. O arroz con verduras debe levar arroz e algunha verdura. Non hai máis regras. Cánto vai de cenorias e cánto de tomates depende de cada un. Os pousos do arroz permanecen sempre, invariablemente. Levan anos entre os fogóns. Cociñeiros de recoñecido prestixio estiveron entre eles, artesáns doces e espumadeiras alongadas deixaron a súa pegada particular na carta de pratos. Nouvelle cuisine ou lareiras. Dicotomías ou mesturas. O ritmo da coción é inexorable, coma o tempo, e faise difícil non caer na tentación. Pero todo flúe, e resulta que os trigueiros se acoplan con naturalidade ao basmati. Que ao final, todo é comida! En todo caso, o importante é alimentarse ben. Bo proveito!